A Asociación de Editores en Lingua Vasca, fundada en 1984, reúne ás editoriais que publican en eúscaro. O seu obxectivo principal é a promoción e protección da edición en eúscaro, e, así mesmo, a representación, coordinación e protección dos seus asociados.
Condicións para asociarse
Membros de pleno dereito:
- editores, persoas físicas ou xurídicas que teñan un catálogo que estea nun 25% en eúscaro
- ou desde fai 10 anos ou ao iniciarse a súa actividade publiquen libros en eúscaro e durante os últimos 3 anos editen un mínimo de 15 obras
- ou editen en eúscaro un 25% como mínimo
Membros adheridos: editores que publiquen máis dunha obra en eúscaro
Xunta Directiva
Presidencia: Joxemari Sors (ELKAR) Vicepresidencia: Pello Elzaburu (PAMIELA) Vogais: Itziar Osa (IBAIZABAL), Idoia Gonzalez (EREIN), Mikel Soto (Txalaparta)
Secretaría
Secretaria Técnica: Ana Urrestarazu
Zemoria, 25, baixo
20013-Donostia
Tel.: 943292349
Contacto