Editores de Galeusca: Conclusións

2014-06-18

Os editores en lingua catalana, galega e euskera reuníronse en Igeldo os dias 11, 12 e 13 de Xuño nos encontros GALEUSCA de editores.Os representantes tres asociacións, logo das xornadas de traballo, fixeron públicas as súas conclusións.

Conclusións do encontro Galeusca editores Venres, 13 Xuño 2014

Os editores Editores en lingua catalana, galega e euskera reuníronse en Igeldo os dias 11, 12 e 13 de Xuño nos encontros GALEUSCA de editores, organizados pola Euskal Editoreen Elkartea, en colaboración coa Associació d’Editors en Llengua Catalana, a Associació d’Editors del Pais Valenciá e á Asociación Galega de Editores. Os editores en Galeusca, que aglutinan a 185 empresas editoras, cuxa producción anual se achega aos once mil títulos nas tres linguas, chegaron durante as xornadas ás seguintes conclusións:

  1. Estamos preocupados pola evolución descendente do mercado e reivindicamos a nosa aportación ao sostemento da diversidade cultural fronte ás tendencias uniformizadoras do goberno do Estado español.
  2. Nese senso, reclamamos unha colaboración máis decidida das Administracións públicas. A experiencia está a demostrarnos que son posibles incrementos dos orzamentos públicos compartindo riscos co sector editorial.
  3. La edición dixiital require dun novo marco legal e unha concienciación social que permitan a xerazón dun modelo de negocio sostible.
  4. Compartimos que os diferentes modelos de préstamo dixital que se están a pór en marcha marcha por parte das redes de bibliotecas públicas deben ser acordados co noso sector e evaluados períodicamente. Tamén consideramos que os recursos públicos deben destinarse principalmente á adquisición de contidos.
  5. Consideramos que non hai cultura sen tradución. Constatamos que existe un déficit na incorporación da literatura universal ás nosas lingaus. nuestras lenguas. A publicación de traduccións require dun apoio decidido das Administracións, co fin de poder ser editadas en condicións de igualdade competitiva.
  6. O estímulo da lectura debe ser a orixe e principal esforzo dos poderes públicos, fomento que debe centrarse na creación de hábito lector a partir da escola, e no apoio ao sector editorial e libreiro.
  7. É imprescindible a implicación de todos os sectores que interveñen na cadea de valor do libro, no diálogo coas Administracións públicas para conseguir políticas culturais eficientes. Constatamos e lamentamos que, en algúns territorios, as políticas lingüísticas afectan negativamente á edición na lingua propia, e esiximos que iso sexa corrixido.